Condicións xerais
Última actualización: 02/01/2025
Introdución
A Lucas Slalom Cup é un evento de patinaxe Inline Freestyle organizado por ADC Alquimia Inline, en homenaxe a Lucas Seijo Fernández. Ao inscribirse no evento, os participantes aceptan os termos e condicións establecidos nesta páxina.
- Detalles do Evento
Data: Do 28 ao 30 de marzo de 2025.
Localización: Pavillón de Monte Alto, A Coruña.
Organizador: ADC Alquimia Inline.
- Termos de Inscrición
A inscrición está aberta a todas as persoas que cumpran cos requisitos de idade e modalidade establecidos para o evento.
A inscrición será válida unicamente unha vez confirmado o pago (se corresponde).
Unha proba – 30€
Dúas probas – 35€
Tres ou máis probas – 40€
As inscricións son persoais e intransferibles.
En caso de cancelación da inscrición, non se garante o reembolso, salvo causas xustificadas debidamente acreditadas e aprobadas pola organización.
- Normas do Evento
Os participantes deberán cumprir coas normas específicas de cada modalidade.
Os participantes deben respectar aos demais competidores, xuíces, voluntarios e ao público.
Os participantes deberán estar na pista polo menos 30 minutos antes do inicio previsto da súa proba. A organización non garante a participación daqueles que non se presenten a tempo.
- Exclusión de Responsabilidade
A organización non se fai responsable de:
Lesións, accidentes ou danos sufridos polos participantes durante o evento.
Danos ou perdas de equipamento persoal.
É responsabilidade de cada participante contar cun seguro persoal que cubra a súa participación no evento.
- Uso de Datos Persoais
Os datos proporcionados no formulario de inscrición xestionaranse conforme á nosa Política de Privacidade.
Ao inscribirse, o participante autoriza o uso do seu nome, imaxes e vídeos capturados durante o evento para fins promocionais e de difusión.
- Modificacións do Evento
A organización resérvase o dereito de:
Modificar o programa, horarios e localización do evento por motivos organizativos ou de forza maior.
Cancelar o evento en caso de circunstancias imprevistas, notificándoo coa maior antelación posible.
- Aceptación das Condicións
A inscrición na Lucas Slalom Cup implica a aceptación plena e sen reservas destas condicións xerais.








