¿Cómo podes colaborar coa Lucas Slalom Cup 2026?
A Lucas Slalom Cup non é só unha competición. É unha homenaxe viva a Lucas, un mozo patinador que deixou unha fonda pegada en quen o coñeceu. Hoxe queremos seguir rodando coa súa memoria, creando un espazo onde o deporte, a emoción e a comunidade se unan. E para conseguilo, precisamos mans, voces e corazóns.
Aquí contámosche como podes formar parte.💛 Se queres axudar economicamente…
A túa colaboración financeira pode marcar unha gran diferenza. Axúdanos a cubrir gastos clave como o son, o streaming, a presenza de xuíces internacionais ou os materiais de competición. Tamén permite que máis persoas poidan participar nesta homenaxe sen barreiras económicas.Calquera achega será benvida, por pequena que sexa. Se desexas colaborar como entidade ou empresa, escríbenos para poder visibilizar o teu apoio con gratitude.
🔧 Tes medios técnicos ou materiais?
Quizais non poidas colaborar con diñeiro, pero si con recursos que poden marcar a diferenza:- Transporte ou montaxe de infraestruturas.
- Soporte informático ou audiovisual.
- Material técnico ou deportivo.
Se cres que podes botarnos unha man en algunha parte do evento, estamos desexando escoitarte.
🎁 Podes aportar algo útil?
Moitas veces, un produto, un servizo ou un detalle pode ser xusto o que nos falta. Algunhas ideas de achegas non económicas que agradecemos enormemente:- Camisetas, merchandising, alimentos, bebidas ou material de oficina.
- Vales ou produtos para sorteos solidarios.
- Aloxamento, catering ou desprazamentos para xuíces e voluntarios.
- Material gráfico ou de deseño.
Todo suma. E todo será recibido con agradecemento.
📣 Axúdasnos a difundilo?
Compartir a homenaxe xa é unha forma de colaborar. Podes axudarnos a que a mensaxe chegue máis lonxe:- Publicando o vídeo ou cartel nas redes sociais.
- Compartindo a web con persoas afíns.
- Falando de Lucas e do evento na túa contorna ou comunidade.
Se tes unha páxina, un medio, unha rede ou un grupo… esta mensaxe tamén pode chegarlles.
📝 Queres colaborar? Escríbenos
Se sentes que podes aportar algo, por pequeno que sexa, cóntanolo a través deste formulario ou escríbenos directamente a info@lucasslalomcup.com Responderémosche con agarimo e claridade. E se precisas orientación, tamén che axudaremos a atopar a forma máis axeitada de colaborar.Grazas por dedicar o teu tempo a ler isto. Se decides colaborar, estarás axudando a que o seu nome non se apague nunca.








