Sumar unha peza

A campaña “Unha peza. Un xesto. Un camiño. #SempreLucas” permíteche apoiar a homenaxe a Lucas Seijo cun xesto sinxelo. A túa achega súmase á de moitas outras para manter vivo o seu recordo e facer posible a próxima edición da Lucas Slalom Cup.

Como funciona: escolle o teu nivel de apoio, realiza o pago por transferencia ou Bizum e anexa o xustificante no formulario. Unha vez validado, recibirás a confirmación por correo electrónico.

Escolle a túa achega e recibe o teu agasallo

Esta é unha campaña de doazóns. Podes achegar calquera cantidade a partir de 1 €. Segundo o importe da túa achega, recibirás un agasallo especial como agradecemento.

Desde 1 €

Carné dixital personalizado “Sempre Lucas”.

Desde 7 €

Carné dixital + vinilo adhesivo oficial.

Desde 18 €

Carné dixital + vinilo + camiseta oficial da campaña.

Desde 26 €

Carné dixital + vinilo + camiseta + cunca exclusiva da campaña.

Importante: Se queres achegar máis da cantidade mínima para un agasallo, indícao igualmente no formulario. O envío do agasallo realizarase unha vez validado o pago e segundo os prazos indicados na sección de preguntas frecuentes.