Campaña "Unha peza. Un xesto. Un camiño. #SempreLucas"
Súmate a esta homenaxe e deixa a túa peza na historia da Lucas Slalom Cup.
¿Que é a campaña #SempreLucas?
A campaña “Unha peza. Un xesto. Un camiño. #SempreLucas” nace para que calquera persoa poida achegar o seu apoio á homenaxe a
Lucas Seijo, un mozo patinador que deixou unha pegada inesquecible na nosa comunidade.
O teu xesto, por pequeno que pareza, súmase ao de moitos para construír algo grande:
manter vivo o seu legado e facer posible a próxima edición da Lucas Slalom Cup.
Podes colaborar de dúas formas:
- 🧩
Sumando unha peza → achegando desde 1 € con recompensas segundo o nivel. - 👕
Levando contigo a camiseta oficial da campaña.
¿Cómo participar?
Escolle a túa opción
Decide se queres sumar unha peza, pedir camisetas ou ambas cousas.Realiza o pago
Mediante transferencia ou Bizum, usando o concepto indicado no formulario.Anexa o xustificante
Sube o comprobante no formulario e recibirás confirmación por correo electrónico.
Sumar unha peza
Desde 1 € podes apoiar a campaña e obter o teu carné dixital “Sempre Lucas”. Niveis:
- Desde 1 €: Carné dixital personalizado.
- Desde 7 €: Carné + vinilo adhesivo.
- Desde 18 €: Carné + vinilo + camiseta oficial.
- Desde 26 €: Carné + vinilo + camiseta + cunca exclusiva.

Conseguir camisetas
Aquí fas un pedido de camisetas (non é doazón). Podes pedir desde 1 unidade ata as que queiras.
Prezo unitario: 18 € (IVE incluído). Pedido mínimo mensual para fabricación.
Opcións de entrega:
- Recollida gratuíta en man.
- Envío a cargo do interesado (buscaremos a opción máis económica).
O noso compromiso
En ADC LUCAS SLALOM somos unha asociación sen ánimo de lucro. Todos os fondos recadados destínanse á organización da homenaxe e ás actividades deportivas vinculadas á Lucas Slalom Cup. Emitimos xustificante de achega (non deducible salvo recoñecemento de utilidade pública).Preguntas frecuentes
Faise un pedido conxunto como mínimo unha vez ao mes. Cando as recibamos, avisarémoste para coordinar a entrega ou o envío.
Si, podes indicar as cantidades por talla no formulario.
Transferencia bancaria e Bizum. Os datos e o concepto aparecerán ao cubrir o formulario.
Si, indícao nas observacións e porémonos en contacto para personalizar a entrega.
