Roller Cross Open – Inscrición

O Roller Cross Open é unha proba en formato aberto, non federada.

A inscrición inclúe seguro deportivo da proba e un agasallo de cortesía para cada participante.

Prezo individual: 10 €. No caso de irmáns, aplícase un desconto de 2 € a cada irmán adicional.

Nº de irmáns inscritos Prezo total
1 participante 10 €
2 irmáns 18 €
3 irmáns 26 €

Información importante

As inscricións estarán abertas ata o 22 de abril, incluído.

As categorías estableceranse unha vez pechadas as inscricións, en función do número de participantes, procurando o maior desglose posible por idade e sexo, cun mínimo de 4 participantes por categoría. No caso contrario, a organización poderá agrupar categorías.

A competición realizarase en formato Roller Cross con roldas clasificatorias e eliminatorias.

É obrigatorio o uso de casco, muñequeiras e xeonlleiras.

En caso de choiva, a proba realizarase en circuíto interior na nave.

A organización poderá axustar horarios, categorías e formato segundo a participación e as necesidades do evento, así como limitar inscricións por motivos de seguridade e operativa do circuíto. A inscrición implica a aceptación destas condicións.


Bases – Roller Cross Open · Lucas Roller Week

A continuación recóllense as condicións básicas de participación no Roller Cross Open, proba en formato aberto integrada na Lucas Roller Week.

1. Inscricións

As inscricións estarán abertas ata o 22 de abril, incluído. A inscrición inclúe seguro deportivo da proba.

2. Data e horario

O Roller Cross Open celebrarase o domingo 3 de maio, dentro do programa da Lucas Roller Week, en horario de mañá. O horario definitivo, a orde de saídas e as categorías publicaranse unha vez pechadas as inscricións.

3. Categorías

As categorías estableceranse unha vez pechadas as inscricións, en función do número de participantes inscritos, procurando o maior desglose posible por idade e sexo.

Para que exista unha categoría deberá haber un mínimo de 4 participantes.

No caso de non acadarse ese número, a organización poderá:

  • Agrupar categorías por idade.
  • Establecer categorías mixtas.
  • Integrar participantes nunha categoría superior.

4. Formato de competición

A competición desenvolverase en formato Roller Cross, incluíndo:

  • Rolda clasificatoria (Time Trial).
  • Eliminatorias.
  • Finais.

O formato definitivo poderá adaptarse en función do número de participantes.

5. Seguridade

É obrigatorio o uso de:

  • Casco.
  • Muñequeiras.
  • Xeonlleiras.

Sen proteccións non se permitirá a participación.

6. Condicións meteorolóxicas

En caso de choiva, a proba manterase e realizarase en circuíto interior na nave.

7. Organización

A organización resérvase o dereito de modificar:

  • Horarios.
  • Categorías.
  • Formato de competición.

Estas modificacións poderán realizarse por motivos organizativos, de seguridade ou de operativa xeral do evento.

8. Limitación de participantes

A organización poderá limitar o número máximo de participantes por motivos de seguridade e operativa do evento.

9. Aceptación das bases

A inscrición na proba implica a aceptación das presentes bases e das decisións organizativas adoptadas para o correcto desenvolvemento do Roller Cross Open.