Política de privacidade e protección de datos
Este aviso legal é de aplicación ás páxinas da Lucas Slalom Cup (organizado pola Asociación ADC LUCAS SLALOM A Coruña). A Asociación ADC LUCAS SLALOM actúa en calidade de responsable do tratamento dos datos de carácter persoal relativos aos usuarios dos seus servizos. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter exclusivo, para os fins previstos en cada procedemento ou actuación.
A normativa vixente no ámbito da protección de datos de carácter persoal componse do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 (RGPD) e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPD). De acordo coa normativa anteriormente citada, a Asociación ADC LUCAS SLALOM garantirá a confidencialidade dos datos persoais tratados. Para iso, adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias.
Recollida de datos persoais
Co obxectivo de levar a bo porto o evento Lucas Slalom Cup, a Asociación ADC LUCAS SLALOM poderá recoller e tratar datos de carácter persoal.
A Asociación informará dos datos persoais que recolla directamente do interesado no momento de proceder á súa recollida. Na información proporcionada especificarase a finalidade, a base xurídica do tratamento, os dereitos que pode exercer o interesado, a identidade do órgano responsable do tratamento e os datos de contacto do delegado de protección de datos. Poderá consultar información adicional no Rexistro de Actividades de Tratamento, que é o documento que recolle todas as actividades de tratamento de datos persoais realizadas pola Asociación ADC LUCAS SLALOM.
Destinatarios, cesión e transferencia de datos
Na maioría dos casos, a Asociación ADC LUCAS SLALOM non comunica os datos persoais tratados a outros destinatarios. Nos casos nos que se comuniquen a terceiros, sempre se procederá en aplicación da normativa vixente, informando cando proceda ao interesado.
Período de conservación dos datos
Os datos conservaranse durante o tempo imprescindible para garantir a prestación dos servizos ofrecidos pola Asociación ADC LUCAS SLALOM.
Exercicio de dereitos
O usuario poderá exercer en todo momento os dereitos recoñecidos en relación cos datos tratados pola Asociación ADC LUCAS SLALOM. Para iso, poderá presentar, a través do formulario de contacto, unha solicitude de Acceso, Limitación, Rectificación, Portabilidade, Supresión ou Oposición, de acordo coa normativa vixente.
Tamén poderá dirixirse á autoridade de control, neste caso Axencia Española de Protección de Datos, e interpoñer unha reclamación se considera que os seus datos persoais non se tratan conforme á normativa vixente.
Queixas e suxestións
Co obxectivo de recoller e tramitar tanto as manifestacións de insatisfacción cos servizos prestados como as iniciativas para mellorar a súa calidade, poderá presentar, a través do formulario de contacto, unha queixa ou suxestión.
Política de cookies
A Asociación ADC LUCAS SLALOM utiliza un servizo de analítica web consistente en instalar cookies temporalmente coa única e exclusiva finalidade de elaborar informes de carácter estatístico. As cookies son ficheiros creados no navegador do usuario para rexistrar a súa actividade no sitio web. Unha cookie non identifica unha persoa, senón unha combinación computador-navegador-usuario, ten unha vixencia temporal limitada e en ningún caso se utiliza para recoller información de carácter persoal.
Para navegar polo portal pódese optar por non permitir a instalación destas cookies, sendo posible deshabilitalas directamente no navegador. En cada navegador a operativa é diferente. Na axuda do navegador atopará información relacionada co uso das cookies.








