Ruta nocturna de mobilidade sostible
Actividade integrada dentro do programa da Lucas Roller Week, aberta a toda a cidadanía.
Trátase dunha ruta urbana en patíns de carácter participativo e non competitivo, orientada á mobilidade sostible, convivencia e goce do entorno urbano.
Percorrido adaptado para todos os niveis, con acompañamento organizativo durante todo o traxecto.
Data: Xoves 30 de abril
Hora de saída: 21:30
Punto de saída: Calvo Sotelo (Porto da Coruña)
Información importante
A actividade é gratuíta.
Inscrición recomendada para control organizativo e comunicación de incidencias.
Actividade aberta a todas as idades, baixo responsabilidade individual ou das persoas titoras legais no caso de menores.
Recoméndase o uso de proteccións e elementos reflectantes.
A organización poderá adaptar percorrido, ritmo ou condicións de participación en función da seguridade, tráfico ou necesidades operativas do evento. A participación implica a aceptación destas condicións.









