Roll&Play · Actividade de Roller Derby con Irmandiñas
Actividade integrada dentro do programa de Roll&Play da Lucas Roller Week, en colaboración con Irmandiñas Roller Derby.
Trátase dunha actividade totalmente gratuíta e de promoción do deporte Roller Derby, aberta a persoas interesadas en coñecer e probar esta disciplina.
Ademais, Irmandiñas contará cun stand permanente na zona de información da competición durante todo o evento.
Data: Sábado 2 de maio
Ubicación: Peirao de Calvo Sotelo
Quendas dispoñibles: 12:00–13:00 · 17:00–18:00
Información importante
As inscricións estarán abertas ata completar aforo.
A actividade organízase en dúas quendas, con prazas limitadas en cada unha delas.
A participación é gratuíta e está orientada á promoción e difusión do Roller Derby dentro da Lucas Roller Week.
Recoméndase acudir con antelación suficiente á quenda seleccionada.
A organización poderá axustar quendas, aforo e operativa da actividade en función das necesidades do evento. A inscrición implica a aceptación destas condicións.









